Archivos de la categoría eventos

Montaxe de escornabots no ArduinoDay 2017!

Dentro das actividades do Arduino Day 2017, durante o sábado 1 de Abril temos preparado un taller de montaxe de escornabots. Se aínda non coñeces o proxecto, bótalle un ollo á páxina web ou esta presentación dun dos seus creadores:

En youtube poderás ver algúns videos de actividades e xogos deseñados polos propios usuarios, como éstas:

Só temos 15 prazas. O taller está pensado para adultos que desexen montar un escornabot para os pequenos. Non se requiren coñecementos previos, pero sí inscripción. Ten un custo de 42€ para cubrir os costes dos materiais. Os participantes levarán o escornabot que monten y poñan a funcionar.

Se desexas participar, tes ata o venres 31 de Marzo para inscribirte.

Arduino Day 2017. ¡CHAMANDO A MAKERS!

En MakersLugo, outro ano preparando outra xuntanza máis. Xa vamos pola cuarta! Querémonos unir á celebración, a nivel mundial, do Arduino Day. O sábado día 1 de Abril, en Lugo. Libre e aberto a tódolos públicos. Demostracións de proxectos e obradoiros. Vémonos con outros makers. Ensinamos o que facemos…

Así que gustaríanos contar co maior número de persoas. Queremos abrir un periodo de envío de propostas de todo aquel que queira amosar o que está a facer, realizar algún obradoiro relacionado con Arduino e tecnoloxía libre, ou dar publicamente unha presentación breve dos seus proxectos.

Ata o 18 de Marzo, deixaremos aberto aquí, un formulario de participación:

Arduino/Genuino Day 2016 en Lugo. Por makerslugo.

A pouquiños pero vamos facendo. Con algo de tempo, pero dende este rinconciño para o mundo; coa colaboración inestimable da CEI-Nodus, da Fundación TIC, e sobre todo da desinteresada de amigotes makers;  os MakersLugo podemos ensinar dende aquí unha parte grande das charlas ou ponencias que poidemos disfrutar,  en abril,  neste   Arduino/GENUINO DAY 2016 en Lugo. Con ganas de volvernos a xuntar noutra, e para animar a máis novos makers…

@caligari_pub dende  Santiago fixo a entrada e un rápido resumen do que é Arduino e o evento.

 

@fcoladas , veu de Ourense, e falounos de educación  da robótica, dende a visión da empresa Bq.

 

@eduwui , dende Coruña. Acercáronse para que todos disfrutáramos co seu espectacular R2D2.

 

“Michi” , ainda que de Lugo, acercouse dende Santiago. Despóis de estar funcionado todo o día, na charla o seu “Robik” fallou, pero cabe destacar, que foi “primicia mundial”,  a súa primeira presentación do proxecto Robik.

 

 

 

 

Robótica educativa no GenuinoDay

Unha das principais actividades desta edición é o taller de montaxe de escornabot, que tivo unha moi boa acollida e dobrou as nosas expectativas de inscritos!

escornabots-contentos

A robótica educativa é un dos principais motores do mundo dos facedores. Por iso nos fai especial ilusión anunciar que nesta edición participará connosco Fernando Coladas, do departamento de Educación e DIWO de bq. Aínda que bq é unha das principais empresas tecnolóxicas de España quizás se coñece menos a súa aposta pola comunidade maker e a economía directa.

bq_educacion

Diso e de moitas cousas máis queremos que nos fale Fernando durante a mañá do sábado. Ademáis, nos días previos Fernando “ameazou” con traer as máquinas de bq para imprimir escornabots e retar así á nosa querida prusa, do maestro impresor Suso.

Estamos desexando que o reto comece! Sen dúbida ímolo pasar ben e teremos ós mellores da robótica educativa no GenuinoDay lucense. E ti, ¿non o vas vir ver?

Unha nova esperanza… maker!

O GenuinoDay do vindeiro 2 de Abril vai ser moi especial. Hoxe imos desvelar un dos proxectos que nos acompañará no evento: un R2D2 a escala 1:1!! Controlado por un arduino, motores de unha roomba, unha obra mestra maker.

Fáltannos palabras para definir este espectacular traballo, que foi realizado en menos de 6 meses, así que vos deixamos co video presentación:

Se queredes velo de cerca, non tedes máis que vir a visitarnos ó GenuinoDay en Lugo!

Montaxe de escornabots!

Dentro das actividades do GenuinoDay, o sábado 2 de Abril, temos preparado un taller de montaxe de escornabots. Se aínda non coñeces o proxecto, bótalle un ollo á páxina web ou esta presentación dun dos seus creadores.

En youtube poderás ver algúns videos de actividades e xogos deseñados polos propios usuarios, como éstas:

 

Só temos 10 prazas. O taller está pensado para adultos que desexen montar un escornabot para os peques. Non se requiren coñecementos previos, pero sí inscripción. Ten un custo de 25€ para cubrir os costes dos materiais.

Se desexas participar, tes ata o xoves 31 de Marzo para inscribirte.

 

Genuino Day 2016: chamada a makers!

Por terceiro ano consecutivo, unímonos ás celebracións globais do Genuino Day. O sábado 2 de Abril, en Lugo, realizaremos un evento aberto e para tódolos públicos, con posibilidade de demostracións de proxectos (show & tell), breves presentacións e obradoiros.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA
2015-03-28 18.35.03 2015-03-28 12.52.59
 2015-03-28 18.12.03 OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Éste é un día para celebrar con outros makers e dar a coñecer o que fas ó público xeral, polo que desexamos contar co maior número posible de persoas! Abrimos o período de envío de propostas a todo aquel que desexe ter un espacio onde amosar o que está a facer, realizar un obradoiro relacionado con Arduino e as tecnoloxías libres ou dar unha breve presentación pública dos seus proxectos.

O formulario de participación estará aberto ata o 11 de Marzo.

En Santiago e Láncara

Estas semanas foron intensas. Estivemos en Santiago e Láncara participando en sendos eventos maker.

Por vez primeira en Galicia realizouse unha mini-maker faire, en Santiago de Compostela. Alí estivemos ollando os avances do mundo asociativo e comercial. Por problemas loxísticos tiñemos que pospoñer a realización da demo do proxecto MWS (ferramenta de asistencia na sonorización de concertos), pero sí participamos na mesa de espazos makers. O noso compañeiro Andrés Maneiro estivo representando a Makers.Lugo na mesa debate conxuntamente con Bricolabs (Coruña), Recuncho maker (Santiago de Compostela) e AlgaLab (Vigo). A primeira boa nova da mesa foi enterarnos que hai un incipiente movemento maker en Pontevedra e que se están a consolidar como asociación!

scq_makerfaire_1

Días máis tarde, participamos na xornada Eu amo fedellar, organizada pola rede revolta (rede de grupos de investigación universitarios ó redor da agroecoloxía), xunto a otros colectivos como ESF Galicia, Montenoso e a Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica e o Colexio Alcalde Xosé Pichel. Nesta xuntanza estiveron presentes os nosos compañeiros Suso Toural e Raúl Chamorro. Suso presentou as súas experiencias relativas a traballo con arduino e tractores. As conversas que tivemos ó longo de toda a xornada foron moi prometedoras e saímos coa sensación de que hai unha base interesante para que agrome unha comunidade de traballo ó redor da maquinaría agrícola de código aberto.

En un par de semanas remataremos esta xira de Outono coa nosa presencia na senlleira OSHWDEM, o sábado 7 de Novembro. Entón será momento de pensar en todo o que aprendemos estas semanas e retomar os proxectos que temos entre mans cun novo pulo!