Reto de Impresión 3D no Arduino Day Lugo 2019

O Arduino Day Lugo este ano vai a celebrarse o día 6 de Abril, sendo así, para non coincidir con Arduino Day Zaragoza e Arduino Day Logroño.

Este ano dende Makers Lugo animamonos, coa axuda da nosa recién chegada socia Mónica, a propoñer a todos os «Makers», xa poidan asistir ou non, un reto de Impresión 3D.

O reto vai consistir no seguinte, intentaremos recrear a través de pequenos bloques, unha das partes máis coñecidas da nosa Muralla de Lugo.

Debido a forma da Muralla de Lugo, neste reto de Impresión 3D teremos catro tipos de pezas. As pezas ParedePequena e TorrePequena xa estan completadas!!

Todos os arquivos .stl tedelos subido a Thingiverse

Sendo así consideramos que para unha mellor organización e necesario que apuntedes no seguinte fomulario o número de pezas que ides aporta ->

Se non podes asistir ao evento, e queres que as tuas pezas sexan incluidas, podes envialas a seguinte dirección postal:

CEI Nodus
Local Nº5 Triesfera
Avenida da Coruña, 500 – Lugo Código Postal: 27003

Esperamos que sexa algo divertido para todos, e a queimar PLA!!

Competicións de robots en Lugo!!!

Dentro das actividades "lúdicofestivas" programadas no Arduino Day 2018, en Lugo, durante o 12 de maio, temos preparadas competicións de robots sigueliñas e de robots de minisumo. Se che interesa o tema, a nós interésanos xuntar máis competidores…

Se queres participar, só tes que inscribirte e poñer a punto teu robot. Vótalle un vistazo ás regras, e as condicións. Pero somos primerizos seremos flexibles.

Anímate:

Con carreiras de robots sigueliñas.

Ou:

Con loitas de robots de minisumo.