Todas las entradas de: sancos

Arduino/Genuino Day 2016 en Lugo. Por makerslugo.

A pouquiños pero vamos facendo. Con algo de tempo, pero dende este rinconciño para o mundo; coa colaboración inestimable da CEI-Nodus, da Fundación TIC, e sobre todo da desinteresada de amigotes makers;  os MakersLugo podemos ensinar dende aquí unha parte grande das charlas ou ponencias que poidemos disfrutar,  en abril,  neste   Arduino/GENUINO DAY 2016 en Lugo. Con ganas de volvernos a xuntar noutra, e para animar a máis novos makers…

@caligari_pub dende  Santiago fixo a entrada e un rápido resumen do que é Arduino e o evento.

 

@fcoladas , veu de Ourense, e falounos de educación  da robótica, dende a visión da empresa Bq.

 

@eduwui , dende Coruña. Acercáronse para que todos disfrutáramos co seu espectacular R2D2.

 

“Michi” , ainda que de Lugo, acercouse dende Santiago. Despóis de estar funcionado todo o día, na charla o seu “Robik” fallou, pero cabe destacar, que foi “primicia mundial”,  a súa primeira presentación do proxecto Robik.

 

 

 

 

MakersLugo pola OSHWDem 2016

Esta vez sí. Convidados pola xente de Bricolabs, animámonos a ensinar algo do que facemos os makers por Lugo. Por primeira vez, nunha xuntanza maker galega, houbo asociacións das catro provincias. A OSHWDem é unha oportunidad fabulosa de facer, e de “desvirtualizar” amigos makers de toda España. Nun entorno envexábel, este 2016 superáronse. Cada ano van a máis. Graciñas por ser punto de referencia.

David, Carlos, Sancos
MakersLugo pola OSHWDem2016

@arias341, @fendetestas72@ChapuzasSancos, (e @uhiglz que non chegou para a foto) levaron algunha cousa.

O robot de sumo non puido concursar por exceso de tamaño. Pero ó sigueliñas (2dg) podese ver no 56’10” do video do concurso “Sigue líneas – OSHWDem 2016”. @arias341 tamén levou unha estación meteorolóxica que non está nas fotos.

A Raspberry Pi “maqueadiña” de  @uhiglz  tamén chamou a atención, sobre todo dos máis pequenos, correndo o seu IDE para arduino e o Scratch.

Robot sumo, Raspberry Pi, siguelineas, 4xiDraw
Robot sumo, Raspberry Pi, siguelineas, 4xiDraw

Ós proxectos máis gordos, os de @fendetestas72 , tamén tuveron moito interese: a 4xiDraw ,  e o escaner 3d tipo Ciclop . A Lalita quedou na bolsa porque xa había as auténticas

@ChapuzasSancos ensinou os aparatos para o noso tallerciño maker feitos 90% de material de despece: fonte de alimenación regulable e cortocircuitable, estación desoldadora, e prototipo de extractor de integrados smd.

Escaner 3D Ciclop, alimentación, desoldadora, extractor integrados.
Escaner 3D Ciclop, alimentación, desoldadora, extractor integrados.

 

Unha experiencia bonita. A “¡cabeza non para!”. A seguir e intentar repetila.

 

 

 

 

PinoLed. Árbore de nadal con arduino.

Sen darnos apenas conta, xa se nos pasa outra vez o nadal…

Foi un proxecto do nadal pasado, pero que non se conseguíu acabar a tempo. Así que, como volve a ser bo momento, aprobeitamos para presentarlo, por fin, rematado. Un arboliño de nadal , con musiquiña e luces, tamén para adornar, pero feito por nós.

PinoledAs espectativas foron máis técnicas que estéticas. Polo que non nos preocupamos demasiado do acabado, se non de pensar unha forma de facelo, gastando pouco, e fedellando co noso arduino e material do taller.

Proceso_Montaje_PinoLed

Se vos interesan os intríngulis podedes votar un vistazo no sitio onde intento explicar a fondo a experiencia. Se non, polo menos que quede constancia, de que amodiño, desde makers.lugo, imos facendo, aprendendo, e compartindo…