Viseiras de protección e salva orellas

Dende Makers Lugo, estamos a colaborar coa impresión 3D de viseiras de protección e salva orellas, para doar aos profesionais que se atopan en primeira liña, loitando contra esta pandemia.

Estas viseiras son un medio complementario aos EPIS de seguridade, e dicir, non e unha substitución , senón que é unha forma de protección extra. A entrega de estas viseiras realizase en bolsas cerradas hermeticamente. Cando as viseiras chegan aos profesionais, estes deben desinfectalas, montar o acetato e a goma de suxeición.

Os salva orellas serven para poder suxeitar as mascarillas, sen necesidade de que a goma das mesmas pase polas orellas, e asi aliviar a carga que estas sofren, en largos turnos de traballo.

Aínda que intentamos minimizar o contacto coa viseira, salvaorellas e os materias e moi importante a súa desinfección antes do seu uso

Aclarar que todo isto facémolo de forma altruísta, grazas as doacións de cada un dos nosos socios, e empresas ou persoas particulares que nos axudan con material. Podes ver as doacións no seguinte enlace. Chéganos moitas peticións de viseiras, e estamos facendo todo o posible por cubrilas, e axudar en todo o que nos sexa posible.

Se queres facer unha doación para que poidamos seguir fabricando viseiras e salva orellas, ponte en contacto con nos en makers.lugo@gmail.com. So se aceptan doacións en material, preferiblemente PLA para as impresoras 3D.

Si necesitas viseiras ou salva orellas, ou coñeces alguen que as necesite, inscribete no seguinte formulario, e poñeremonos en contacto contigo, o mais pronto posible.

Si estas a fabricar viseiras ou salva orellas, e non sabes onde entregalas, podes rexistrarte no seguinte formulario, e nos organizaremos a recollida, todo isto dentro das nosas posibilidades.

Micro Sumo de @esdrufi

Grazas a @esdrufi , temos a oportunidade de documentar, un dos seus tantos proxectos. Esta vez e como non podia ser menos, e un proxecto relacionado coas competicions de robótica, do cal sabemos, que e do que mais lle gusta!!

Tratase dun robot de micro sumo. Para este proxecto @esdrufi unifica varias tecnoloxias para conseguir un robot que ten que cumprir coas medidas de 5cm de ancho, 5cm de fondo, 5cm de alto e 100 gramos de peso máximo.

Algo realmente pequeno para meter todo o necesario. Debido a esto votou man da sua experencia en deseño de PCBs e emprendou o camiño cara o deseño desta pequena PCB para poder así conseguir entrar nesas medidas tan axustadas.

Micro Sumo PCB

Unha vez xa tiña a PCB funcionando, era o momento de diseñar o chasis, parte fundamental nun robot de micro sumo, debido a que o chasis protexe toda a parte electrónica ademais de usarse para empurrar aos contrincantes.

Unha vez tiña todas as partes necesarias votou man dun destornillador, que tamen se pode usar como martelo e comezou a montaxe, aqui vos deixamos unhas imaxes…

Calquera duda contactade con nos ou con @esdrufi. Damoslle grazas por deixarnos documentar un proxecto tan chulo e vemonos no Arduino Day Lugo 2020 onde estara mostrando estes pequeniños.

Podedes descargar todos os archivos necesarios para a sua contrucción en Thingiverse!!