Todas las entradas de: arias

Maker Ciencia 2018

Experimentos científicos, impresión 3D e robótica

Dende Makers Lugo coa colaboración da nosa recen incorporada socia Teresa, propietaria de Ciencia Kids, ocorreusenos a idea de realizar un día de portas abertas, para  mostrar a os rapaces e rapazas, que a ciencia e o movemento maker van da man.

O día 22 de Septembro, en horario de 11:00 a 13:00 abriremos as portas ao local de Makers Lugo, situado no CEI Nodus.

Rapaces e rapazas con un rango de idades entre os dez e os dezaoito anos, están convidados a vir coñecer de primeira man o local de Makers Lugo. No cal habera experimentos científicos, impresión 3D, CNC, robótica…e algunha que outra cousiña máis.

Para a asistencia ao Maker Ciencia, e necesario cubrir este pequeno formulario, xa que dispoñemos dun espazo limitado.

As prazas estan completas, pero podes apuntarte para entrar na lista de espera!!

Un sábado de cacharreo!!

Periódicamente os sabados polas mañans en Makers Lugo xuntamonos para compartir coñecementos adquiridos durante a semana, charlar e incluso de cando en vez idear novos proxectos.

Ayer día dez de Marzo, xuntamonos uns cantos socios, a actividade era visible e todos tiñamos ganas de cacharrear.

Un dos nosos socios, tiña a necesidade de imprimir un adaptador para o ventilador de capa da súa futura Impresora 3D. Entón tocou o momento de poñer a punto a nosa Prusa I3,que levaba un tempo sen uso. Pero despois de un par de retoques a imprimir!!

Tamén estaban polo local outras impresoras como a do noso socio @fendetestas, que estaba a ter problemas con desplazamento de capas, aproveitou a mañan para ir descartando posibles fallos e ir poñendo a funcionar esta pedazo de Impresora 3D.

Tamén trouxo esta pequena CNC na que esta a traballar e a facer modificacións para poder fresar con ela pequenas PCBs.

E polo medio de tantas máquinas atopabanse as pezas que xa imos tendo listas para o noso robot Inmoov, que avanza a pasos axigantados.

Inmoov

Inmoov é un deses proxectos de innovación, o cal todo maker lle encantaría ter a oportunidade de construír ao longo da sua vida.

Dous dos nosos membros @fendetestas e @arias341 andaban a darlle voltas a contrucción deste proxecto Open Source, publicado e documentado no seguinte enlace http://inmoov.fr/ por o seu autor.

Tras chegar a un consenso entre os membros de Makers Lugo decidimos construír o robot como patrimonio para a nosa asociación, e seguir así adquirindo materiais para a divulgación das novas tecnoloxías.

O noso membro  @fendetestas , tras escoitar esta noticia, puxo a furrular a suas impresoras 3D sen parar. Tras unhas pouquiñas horas de impresión…

En Makers Lugo os nosos membros non paran,para así poder axiña usar este proxecto para seguir coa nosa divulgación.

Xa temos o torso completo imprimido e encaixado para empezar a darlle unha base sobre a que asentarse, tamén comezamos a imprimir pezas pra o ombreiro

Vaia!!, isto xa comeza a tomar forma, e parece que so falta outorgarlle a intelixencia que se merece. Dispoñemonos así a seguir coa impresión, e por suposto a espera de que aterrizen por Makers Lugo os compoñentes electrónicos. De momento agradecerlle a AMTEGA certa colaboración económica para as cámaras que farán de ollos.

Seguiremos informando…