Todas las entradas de: Andrés

Robótica educativa no GenuinoDay

Unha das principais actividades desta edición é o taller de montaxe de escornabot, que tivo unha moi boa acollida e dobrou as nosas expectativas de inscritos!

escornabots-contentos

A robótica educativa é un dos principais motores do mundo dos facedores. Por iso nos fai especial ilusión anunciar que nesta edición participará connosco Fernando Coladas, do departamento de Educación e DIWO de bq. Aínda que bq é unha das principais empresas tecnolóxicas de España quizás se coñece menos a súa aposta pola comunidade maker e a economía directa.

bq_educacion

Diso e de moitas cousas máis queremos que nos fale Fernando durante a mañá do sábado. Ademáis, nos días previos Fernando “ameazou” con traer as máquinas de bq para imprimir escornabots e retar así á nosa querida prusa, do maestro impresor Suso.

Estamos desexando que o reto comece! Sen dúbida ímolo pasar ben e teremos ós mellores da robótica educativa no GenuinoDay lucense. E ti, ¿non o vas vir ver?

Unha nova esperanza… maker!

O GenuinoDay do vindeiro 2 de Abril vai ser moi especial. Hoxe imos desvelar un dos proxectos que nos acompañará no evento: un R2D2 a escala 1:1!! Controlado por un arduino, motores de unha roomba, unha obra mestra maker.

Fáltannos palabras para definir este espectacular traballo, que foi realizado en menos de 6 meses, así que vos deixamos co video presentación:

Se queredes velo de cerca, non tedes máis que vir a visitarnos ó GenuinoDay en Lugo!

Montaxe de escornabots!

Dentro das actividades do GenuinoDay, o sábado 2 de Abril, temos preparado un taller de montaxe de escornabots. Se aínda non coñeces o proxecto, bótalle un ollo á páxina web ou esta presentación dun dos seus creadores.

En youtube poderás ver algúns videos de actividades e xogos deseñados polos propios usuarios, como éstas:

 

Só temos 10 prazas. O taller está pensado para adultos que desexen montar un escornabot para os peques. Non se requiren coñecementos previos, pero sí inscripción. Ten un custo de 25€ para cubrir os costes dos materiais.

Se desexas participar, tes ata o xoves 31 de Marzo para inscribirte.

 

Genuino Day 2016: chamada a makers!

Por terceiro ano consecutivo, unímonos ás celebracións globais do Genuino Day. O sábado 2 de Abril, en Lugo, realizaremos un evento aberto e para tódolos públicos, con posibilidade de demostracións de proxectos (show & tell), breves presentacións e obradoiros.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA
2015-03-28 18.35.03 2015-03-28 12.52.59
 2015-03-28 18.12.03 OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Éste é un día para celebrar con outros makers e dar a coñecer o que fas ó público xeral, polo que desexamos contar co maior número posible de persoas! Abrimos o período de envío de propostas a todo aquel que desexe ter un espacio onde amosar o que está a facer, realizar un obradoiro relacionado con Arduino e as tecnoloxías libres ou dar unha breve presentación pública dos seus proxectos.

O formulario de participación estará aberto ata o 11 de Marzo.

Os horarios para o mes de Xaneiro de 2016 serán os sábados 2, 9, 16, 23 e 30. O horario de apertura será de 10h a 13h.

Acompáñanos e comeza o ano hackeando!

Acabamos de crear unha nova páxina onde iremos publicando os horarios mensuais de apertura, co obxectivo de que calquera que desexe pasarse polo local a coñecernos ou fedellar un rato poida facelo.

En Decembro de 2015 abrimos os sábados 5, 12 e 19. O horario de apertura será de 10h a 13h.