Complacenos anunciar o lugar e fecha para o Arduino Day Lugo 2020, por séptimo ano consecutivo en Lugo, sumamonos o aniversario da placa Arduino, formando parte dun grupo de eventos organizados ao longo de todo o planeta.
Debido ao auxe de xente que na anterior edición tivemos, este ano mudamos a ubicación o Palacio de Feiras e Congresos de Lugo, situado na Avenida dos Deportes, en frente ao campo de fútbol Anxo Carro.
Este ano celebrarase o día 28 de Marzo en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30. O día estará cargado de actividades que iremos desvelando nos seguintes días!!

Este ano queremos facer un seguimento nas redes sociais, da repercusión do Arduino Day Lugo 2020, enton para iso imos usar nas publicación tanto en Twitter como en Instagram o hashtag #ADL2020.