Arduino Day Lugo 2020: ¡¡chamada a makers!!

Dende Makers Lugo, este 2020 será o séptimo ano consecutivo que organizamos outro evento maker aberto a tódos os públicos. Aproveitando a celebración global do Arduino Day, tera lugar o sábado 28 de Marzo, en Lugo, no Palacio de Feiras e Congresos de Lugo en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30 . Sendo nesta data para non coincidir con outros Arduino Day de España.

Pretendemos que sexa un día de celebración, con outros makers, de coñecernos, de charlar, de ideas, e de mostrar eses proxectos que se construen ao longo do ano. Como o que nos gusta é compartir e aprender, estamos deseosos de novos «trasteadores» e «pensantes», que queiran mostrar os seus proxectos, presentarnos as súas ideas, ou facer pequenos obradoiros.

Nós mostraremos algo do que temos entre mans, pero queremos contar co maior número de persoas posibles. Así que dende aquí abrimos un período de propostas a todo aquel que desexe un espacio para amosar o que está a facer, realizar un obradoiro ou dar unha breve presentación do seu proxecto.

Para unha maior organización, e necesario que te inscribas no seguinte formulario->

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.