ARDUINO DAY 2019: ¡¡¡chamada a makers!!!

Dende MakersLugo, este 2019 será o sexto ano consecutivo que intentaremos outro evento maker aberto a tódolos públicos. Aproveitando a celebración global do Arduino Day, será o sábado 6 de Abril, en Lugo. Sendo nesta fecha para non coincidir con outros Arduino Day de España.

Pretendemos que sexa un día de celebración, con outros makers, de coñecernos, de charlas, de ideas, e de mostrar esa cacharrada que se construe ao longo do ano na casa. Como o que nos gusta é compartir e aprender, estamos deseosos de novos “trasteadores” e “pensantes”, que queiran mostrar os seus proxectos, presentarnos as súas ideas, ou facer pequenos obradoiros.

Arduino Day 2018

Nós mostraremos algo do que temos entre mans, pero queremos contar co maior número de persoas posible. Así que dende aquí abrimos un período de propostas a todo aquel que desexe un espacio para amosar o que está a facer, realizar un obradoiro relacionado con Arduino e as tecnoloxías libres, ou dar unha breve presentación pública dos seus proxectos.

Para tratar de organizar, o formulario de participación estará ata os últimos días antes do evento. Ou a través do contacto deste blog.

1 comentario en “ARDUINO DAY 2019: ¡¡¡chamada a makers!!!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.