2ª iteración #arbuino: esqueleto en marcha

Ó longo desta ponte, os MKL estivemos movendo tódolos proxectos que temos entre mans. Entre outras cousas, avanzando coa nosa árbore de nadal preferida: #arbuino

 CAM00519  IMG-20141208-WA0006 IMG-20141208-WA0010

Os avances a nivel estrutura son os que vedes na imaxen central superior: un esqueleto de trapillo cunha altura de pouco menos de 1m. Está a levar máis tempo do esperado, é un proceso tedioso e lento; mais resulta sinxelo de facer e o resultado final promete un acabado agradable.

A nivel control de luces, estivemos probando e lendo os exemplos de patróns que nos permite realizar unha tira de LEDs de neopíxeles -tal e como os popularizou AdaFruit– ou co seu máis mundano nome: WS2812B (ver datasheet). O feito de poder direccionar 120 píxeles cun único pin do arduino, realizar patróns complexos e ter LEDSs RGB por menos de 50 céntimos/led é algo que nos deixou realmente impresionados e ofrece milleiros de posibilidades.

Esta primeira versión de #arbuino, vai ser necesariamente moi persoal. De maduración lenta. Pero é que estamos aprendendo un montón de todo o proceso! Agora, toca pisar o acelerador para chegar a este nadal coa primeira versión do #arbuino en marcha. Let’s maker it.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *