Archivo por meses: febrero 2019

Talleres no Arduino Day Lugo 2019!! Escornabots, Diseño 3D, Contrución de Cohetes e EchidnaShield

Dentro das actividades do Arduino Day 2019, o sábado 6 de Abril, en Lugo, propoñemos tres talleres de filosofía maker (investiga, diseña, fai ti mesmo e comparte). Aprender facendo é entretido e entra moito mellor…

Temos para varios intereses e idades. Vótalle un vistazo ás características e condicións do que máis che interese, e inscríbete.

Taller de montaxe de escornabots. Uns robotiños educativos para xogar os nenos e aprender os maiores…

Taller de iniciación ao modelado en 3D da man de Galink. Verás que diseñar as túas pezas e ideas non he tan difícil.

Taller de contrucción de cohetes. Aprenderás que mezclando a ciencia coa tecnoloxía, se pode construir un pequeno cohete funcional.

Taller de EchinaShield. Exploraras a conexión entre o mundo físico e o dixital.

Colabora:

Arduino Day Lugo 2019

Organizado por MakersLugo , este será o sexto ano consecutivo , en Lugo. Unímonos á celebración conxunta a nivel mundial do Arduino Day. Será un evento aberto e para tódolos públicos, o sábado 6 de Abril. Decidindo esta data, para non coincidir con outros Arduino Day de España. Apoiados polo Concello de Lugo, co espacio no CEI-Nodus.

Xuntarémonos con máis  makers. Ven a charlar con eles.  Expoñeremos cacharros. Ven a coller ideas ou a expoñer as túas. ¿Queres aprender? Faremos talleres. ¿Non tes idea de que vai isto? Pásate a descubrir o mundo aberto de Arduino e os seus efectos,  e sobre todo a coñecer a comunidade tecnolóxica, educativa, industrial, artística,… que medra ó redor  compartindo os coñecementos tecnolóxicos.

AXENDA:

  • Exposición aberta:
    • De 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.30
    • Teremos makers expoñendo os seus traballos. Poderás preguntar e cacharrear.
    • Se queres trae o teu portátil, arduino,… Terás entendidos que che orientarán coas túas dúbidas sobre arduino, impresión 3D, robótica e artistadas maker en xeral.
    • Apúntate para poder facer sitio e presenta o teu cacharro. Estamos desexando ver cousas novas ou curiosas.
  • Reto Impresión 3D:
    • Durante todo o día estaremos a construír con pequenos bloques, un tramo da Muralla de Lugo.
    • Para contribuír coas tuas pezas, esta todo explicado no seguinte enlace.
  • Exposición de proxectos
  • Ponencias breves:
    • Odoo+Arduino. (de 12:30 a 12:45)(Comunitea
    • Cyclops-Project. (de12:45 a 13:00)(Ruben Espino)
    • Iniciación a impresión 3D e primeiras dudas. (de 13:00 a 13:15)(Triesfera)
  • Competicións de Robótica(Siguelineas e Sumo Robot):Apúntate e ven a divertirte con nós. Serán competicións de iniciación (tamén para nós) e para  tódas as idades e niveis. Fíxate ben nas reglas.
  • Talleres: aprender é divertido. Saca partido o día. Outro ano mais, con algo de axuda, ofrecemos catro talleres.

COLABORAN E AGRADECEMOS A:

Concello de Lugo, CEI-Nodus, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Galink, 3Dcpi, RaiolaNetworks, Triesfera, Cienciakids, BricoGeek,Electroson, Echidna,Comunitea.

                              

Competicións de robots no Arduino Day Lugo 2019!

Dentro das actividades “lúdicofestivas” programadas no Arduino Day 2019, en Lugo, durante o 6 de Abril, temos preparadas competicións de robots sigueliñas, velocistas e de robots de minisumo. Se che interesa o tema, animate a pasar por Lugo a pasar un bo rato…

Se queres participar, só tes que inscribirte e poñer a punto teu robot. Vótalle un vistazo ás regras, e as condicións. Pero somos primerizos seremos flexibles.

Anímate:

Con carreiras de robots sigueliñas e velocistas.

Con loitas de robots de minisumo.

ARDUINO DAY 2019: ¡¡¡chamada a makers!!!

Dende MakersLugo, este 2019 será o sexto ano consecutivo que intentaremos outro evento maker aberto a tódolos públicos. Aproveitando a celebración global do Arduino Day, será o sábado 6 de Abril, en Lugo. Sendo nesta fecha para non coincidir con outros Arduino Day de España.

Pretendemos que sexa un día de celebración, con outros makers, de coñecernos, de charlas, de ideas, e de mostrar esa cacharrada que se construe ao longo do ano na casa. Como o que nos gusta é compartir e aprender, estamos deseosos de novos “trasteadores” e “pensantes”, que queiran mostrar os seus proxectos, presentarnos as súas ideas, ou facer pequenos obradoiros.

Arduino Day 2018

Nós mostraremos algo do que temos entre mans, pero queremos contar co maior número de persoas posible. Así que dende aquí abrimos un período de propostas a todo aquel que desexe un espacio para amosar o que está a facer, realizar un obradoiro relacionado con Arduino e as tecnoloxías libres, ou dar unha breve presentación pública dos seus proxectos.

Para tratar de organizar, o formulario de participación estará ata os últimos días antes do evento. Ou a través do contacto deste blog.