Archivo por meses: abril 2018

AXENDA #ArduinoD18 Lugo

Haberá máis de 400 eventos a nivel mundial para a celebración do Arduino Day. En Lugo, o 12 de maio, MakersLugo propón un deles.

Dende o ecosistema Arduino, uns poiquiños makers de Lugo, e bastantes de fora, mostraremos fundamentalmente, o potencial de compartir a tecnoloxía co diseño aberto. Axúdanos a poñer o noso graiño de area e a difundir este evento.

Aquí tes a axenda:

Durante todo todo o día, de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.00, no CEI-Nodus, haberá demostración de proxectos, poderás apuntarte e aprender algo nos talleres, ou concursar co teu cacharo nalgunha competición de robots, …

Para coñecer un pouco a fondo algún proxecto poderá haber presentacións explicativas.

VOTALLE UN VISTAZO Á AXENDA

TALLERES DE TECNOLOXÍA MAKER en Lugo!!! Escornabots. Soldando e programando Arduino. 3D.

Dentro das actividades do Arduino Day 2018, o sábado 12 de Maio, en Lugo, propoñemos tres talleres de filosofía maker (investiga, diseña, fai ti mesmo e comparte). Aprender facendo é entretido e entra moito mellor…

Temos para varios intereses e idades. Vótalle un vistazo ás características e condicións do que máis che interese, e inscríbete.

Taller de montaxe de escornabots. Uns robotiños educativos para xogar os nenos e aprender os maiores…

Taller de iniciación á soldadura electrónica e a programación de Arduino. Montarase un circuito entrenador que poderás levar para añadir como escudo ao teu Arduino e probar programando cousas divertidas

Taller de iniciación ao modelado en 3D. Verás que diseñar as túas pezas e ideas non he tan difícil.

Competicións de robots en Lugo!!!

Dentro das actividades "lúdicofestivas" programadas no Arduino Day 2018, en Lugo, durante o 12 de maio, temos preparadas competicións de robots sigueliñas e de robots de minisumo. Se che interesa o tema, a nós interésanos xuntar máis competidores…

Se queres participar, só tes que inscribirte e poñer a punto teu robot. Vótalle un vistazo ás regras, e as condicións. Pero somos primerizos seremos flexibles.

Anímate:

Con carreiras de robots sigueliñas.

Ou:

Con loitas de robots de minisumo.


ARDUINO DAY 2018: ¡¡¡chamando a makers!!!

Dende MakersLugo, este 2018 será o quinto ano consecutivo que intentaremos outro evento maker aberto a tódolos públicos. Aproveitando a celebración global do Arduino Day, será o sábado 12 de Maio, en Lugo.

Pretendemos que sexa un día de celebración, con outros makers, de coñecernos, de charlas, de ideas, e de mostrar esa cacharada que fas na casa, ao público. Como o que nos gusta é compartir e aprender, estamos deseosos de novos “trasteadores” e “pensantes”, que queiran mostrar os seus proxectos, presentarnos as súas ideas, ou facer pequenos obradoiros.

ArduinoDay2017Lugo

Nós mostraremos algo do que temos entre mans, pero queremos contar co maior número de persoas. Así que dende aquí abrimos un período de propostas a todo aquel que desexe un espacio para amosar o que está a facer, realizar un obradoiro relacionado con Arduino e as tecnoloxías libres, ou dar unha breve presentación pública dos seus proxectos.

Para tratar de organizar, o formulario de participación estará ata os últimos días antes do evento. Ou a través do contacto deste blog.