Archivos mensuales: marzo 2016

Robótica educativa no GenuinoDay

Unha das principais actividades desta edición é o taller de montaxe de escornabot, que tivo unha moi boa acollida e dobrou as nosas expectativas de inscritos!

escornabots-contentos

A robótica educativa é un dos principais motores do mundo dos facedores. Por iso nos fai especial ilusión anunciar que nesta edición participará connosco Fernando Coladas, do departamento de Educación e DIWO de bq. Aínda que bq é unha das principais empresas tecnolóxicas de España quizás se coñece menos a súa aposta pola comunidade maker e a economía directa.

bq_educacion

Diso e de moitas cousas máis queremos que nos fale Fernando durante a mañá do sábado. Ademáis, nos días previos Fernando “ameazou” con traer as máquinas de bq para imprimir escornabots e retar así á nosa querida prusa, do maestro impresor Suso.

Estamos desexando que o reto comece! Sen dúbida ímolo pasar ben e teremos ós mellores da robótica educativa no GenuinoDay lucense. E ti, ¿non o vas vir ver?

Unha nova esperanza… maker!

O GenuinoDay do vindeiro 2 de Abril vai ser moi especial. Hoxe imos desvelar un dos proxectos que nos acompañará no evento: un R2D2 a escala 1:1!! Controlado por un arduino, motores de unha roomba, unha obra mestra maker.

Fáltannos palabras para definir este espectacular traballo, que foi realizado en menos de 6 meses, así que vos deixamos co video presentación:

Se queredes velo de cerca, non tedes máis que vir a visitarnos ó GenuinoDay en Lugo!

Montaxe de escornabots!

Dentro das actividades do GenuinoDay, o sábado 2 de Abril, temos preparado un taller de montaxe de escornabots. Se aínda non coñeces o proxecto, bótalle un ollo á páxina web ou esta presentación dun dos seus creadores.

En youtube poderás ver algúns videos de actividades e xogos deseñados polos propios usuarios, como éstas:

 

Só temos 10 prazas. O taller está pensado para adultos que desexen montar un escornabot para os peques. Non se requiren coñecementos previos, pero sí inscripción. Ten un custo de 25€ para cubrir os costes dos materiais.

Se desexas participar, tes ata o xoves 31 de Marzo para inscribirte.