Archivos mensuales: Marzo 2015

Axenda #ArduinoD15

Hai xa confirmados máis de 250 eventos a nivel mundial para a celebración do Arduino Day, o sábado 28 de Marzo, e Lugo vai ser un deles!

Teremos makers que cARDUINODAY_flyer_MKLhegarán dende tódolos rincóns de Galicia: Coruña, Pontevedra, Santiago, Ourense, Vigo, … e que configuran unha axenda do máis interesante, dende impresoras 3D ata control enerxético do fogar, pasando por robótica educativa e invernadoiros controlados por Arduino.

Durante todo o día, no Centro Uxío Novoneyra, haberá un espacio para demostracións de proxectos aberto de 10:00/13:30 e 16:30/19:30. Ademáis, pola mañá de 11:30 a 12:30 e pola tarde de 17:30 a 18:30 faremos presentacións onde poderás coñecer de primeira man ás persoas que hai detrás dos proxectos.

 

Axúdanos a difundir o evento e facer que Lugo se convirta, por un día, no centro das tecnoloxías libres no noroeste español!