Archivos mensuales: febrero 2015

Arduino Day 2015: call for makers!

Por segundo ano consecutivo, unímonos ás celebracións globais do Arduino Day. O sábado 28 de Marzo, en Lugo, realizaremos un evento aberto e para tódolos públicos, con posibilidade de demostracións de proxectos (show & tell), breves presentacións e obradoiros.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Éste é un día para celebrar con outros makers e dar a coñecer o que fas ó público xeral, polo que desexamos contar co maior número posible de persoas! Abrimos o período de envío de propostas a todo aquel que desexe ter un espacio onde amosar o que está a facer, realizar un obradoiro relacionado con Arduino e as tecnoloxías libres ou dar unha breve presentación pública dos seus proxectos.

O formulario de participación estará aberto ata o 13 de Marzo.